Newsletter 01 _Xuño 2020

Comezamos
!
Novidades Cohousing Galicia 

Se estás lendo esto é porque tí xa es parte da nosa historia...e polo tanto só podemos decirche, GRACIAS por estar aí!.
E para que poidas estar ó tanto de todo canto acontece decidimos poñer en marcha este newsletter que te manteña ó tanto de canta novidade vaia acontecendo..

Polo momento estas son as nosas novas máis importantes:

Neste momento 
sodes xa máis de 60 as persoas ou familias que vos tedes posto en contacto con nós desde diferentes puntos de toda Galicia para saber máis e poder decidir se este é o camiño que queredes tomar, e se existe a posibilidade de atopar xente que emprenda este camiño con vós.

 

demanda para conformar Cohousings nos ten chegado para as áreas xeográficas de: Pontevedra, Vigo, A Coruña, Santiago de Compostela, Lugo, Ourense, Ribadeo, Vilagarcía de Arousa, A Cañiza, Cangas do Morrazo, Marín, Ames e Padrón.

CONSULTA O NOSO MAPA ACTUALIZADO DÍA A DÍA


Tamén nos teñen contactado persoas ou grupos impulsores de cohousing que  teñen proxectos en proceso de estudio en diferentes puntos da xeografía galega. Podemos neste momento adiantarvos un de carácter rural en Ribadeo (Lugo)  e outro do tipo Senior Cohousing en Marín (Pontevedra). Con este útlimo grupo mantivemos a nosa primeira reunión xa presencial, e agardamos poder aportarlles o impulso necesario para que vaia adiante e ilusione a moita máis xente. A medida se vaian concretando os seus modelos, localización, etc...volo iremos trasladando por si é do voso interese sumarvos a ditas iniciativas.

Vistas ría de Pontevedra desde Marín


As persoas que formamos parte de Cohousing Galicia creemos firmemente na importancia da innovación social como o camiño para acadar unha nova economía que permita conquerir os Obxetivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas. Por iso nos temos posto en contacto e conversado coa organización NESI en España (Nova Economía para a Innovación Social), para colaborar desde a nosa comunidade nos seus proxectos. Se queredes saber máis podedes consultar AQUI a súa web.


Cada semana imos aportando na nosa web novos modelos de cohousing que imos seleccionando pola súa singularidade e especiais aportacións. Non deixes de revisar o noso blog para estar ó tanto de cada novidade que imos introducindo. De seguro atoparás en todos os nosos exemplos cuestións que tal vez queiras replicar no teu modelo de cohousing ideal. 

Communal Cohousing en Londres

Tamén podemos contarvos que temos sido contactadas polo técnico Álex Pereira da Rede Eusumo,  rede de colaboración impulsada pola Xunta de Galicia para o fomento e o desenvolvemento da economía social e con especial coñecemento no asesoramento a movementos cooperativistas. Esperamos manter unha pronta reunión para poder estudiar as posibles alianzas e colaboracións futuras.


E sempre atentas ó que poida acontecer no ámbito galego, temos visitado Anceu Coliving recentemente inaugurado no lugar de Anceu, Pontecaldelas. Un lugar que vai a dar cabida a moitos profesionais que queiran facer uso dun lugar especial para traballar, concentrarse, compartir ideas e porqué non, tamén disfrutar da tranquilidade en contacto coa natureza.

 

E porque moitas das persoas nos seguides preguntando, qué é o que facemos e sobre todo cómo o facemos...este é o noso modo de traballar, sempre por fases e ofrecéndonos a acompañarvos no voso camiño, desde os inicios ( conformación dos grupos)  ata a inauguración da vosa edificación...

Cómo o facemos?

E como boa nova desta semana mesmo, os medios de comunicación teñen reflectido a actividade do colectivo Cohousing en Galicia, sen dúbida un pulo enorme a un dos nosos cometidos, que é a difusión do modelo entre toda a cidadanía galega.
Aquí vos deixamos o artigo para a súa lectura.



E desde xa, seguimos traballando!!
Agardamos poder coñecer a todas as persoas que vos interesastes por esta opción habitacional máis cedo que tarde...
De seguro o encontro será un chute importante de enerxía e ilusión para nós e agardamos que tamén para vós. Xa estamos argallando cada momento dese encontro...


E lembrade que o éxito de cada comunidade está en rodearse  daquel grupo de xente que máis empatice e comparta valores contigo. Así que non deixedes de achegar o noso formulario de inscrición a aquelas amizades ou familia que creedes poidan estar interesadas.   
https://cohousing.gal/unete/ 


Unha aperta e seguimos en contacto!

EQUIPO COHOUSING GALICIA
María, Viki, África e Anselmo

Tlf información: 655081790
This message was sent to cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com by cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com
C/ Michelena 11 -3º izq 36002 Pontevedra


Unsubscribe from all mailings Unsubscribe | Manage Subscription | Forward Email | Report Abuse
View this email in your browser
You are receiving this email because of your relationship with Cohousing Galicia. Please reconfirm your interest in receiving emails from us. If you do not wish to receive any more emails, you can unsubscribe here.