2º Encontro Virtual 
Comunidade Cohousing Galicia
Xoves 22 de outubro 
Hora: 19:30h
As circunstancias da pandemia do COVID seguen a retrasar o momento no que poidamos por fin establecer reunións presenciais nas diferentes vilas galegas.

Mentras tanto seguiremos fomentando reunións didácticas e formativas de carácter telemático para seguir profundizando no coñecemento sobre cohousing, de tal modo que axude á comunidade de cohousers galega a tomar decisións dun modo eficaz e ben orientado.


Con tal fin este xoves 22 de outubro ás 19:30h o equipo de Cohousing Galicia convídavos a participar do 2º encontro virtual galego entre todas as persoas con interese, en maior ou menor grao, en participar dunha iniciativa de comunidade cohousing en Galicia.

Esa tarde coñeceremos de primeira man unha experiencia de cohousing cercana, a da comunidade asturiana Axuntase. Mary Asun, unha das promotoras desta experiencia desde os seus inicios, poderá amosarnos todas as peculariadades e dificultades que entraña non só chegar á construción dunha edificación deste tipo senón tamén de conformar unha comunidade afín de persoas que leve a cabo esta iniciativa.

Podedes coñecer mellor esta comunidade explorando a súa web, un lugar onde atoparedes moita información non só da edificación senón tamén da súa comunidade, e incluso os estatutos que rexirán a súa convivencia futura.

COMUNIDADE AXUNTASE
 
Como xa fixemos para o 1º encontro, se tes interese en participar deste novo encontro, envíanos un mail á seguinte dirección mail cohousinggalicia@gmail.com confirmando a túa presencia e recibirás a ligazón que te permita acceder ó encontro telemático do xoves.

E se queres visualizar parte do encontro do mes pasado podes facelo xa desde hoxe na seguinte ligazón.

VIDEO 1ª Meetup
 


VENTA PARCELA PARA MICROCOHOUSING EN PONTEVEDRA



Así mesmo aproveitamos para achegarvos a información sobre unha parcela en venta e que unha parella amiga do Equipo de Cohousing Galicia nos transmitiu fai apenas unha semana. 


A propiedade conta cunha vivenda para rehabilitar duns 120m2 e cuns 40 m2 de edificacións auxiliares,hórreo  e parcela de algo máis de 1800m2, ideal para unha familia , pero tamén para dúas ou tres que queiran vivir en réxime cooperativo (microcohousing) nun entorno rural pero a tan só 6 minutos (reais) en coche do centro de Pontevedra, con servizos próximos e a 15 minutos en bicicleta.

Polas características do solo segundo o planeamento vixente a vivienda é ampliable nuns 80m2 máis.

Non só ten un entorno sorprendentemente rural e soleado, senón que goza de vistas á ría e con superficie suficiente para incorporar entre outras cousas unha piscina. 

Idónea para familias ou persoas que non queiran unha gran superficie de vivenda máis sí unha parcela ben comunicada e que lles permita certo esparcemento exterior e zona de horta.

O precio fixado é de 120.000€.


Se tedes interese ou precisades máis información podedes contactarnos a través do noso mail cohousinggalicia@gmail.com ou ben vía whatsapp no tlf: 655081790.




Vémonos este xoves ás 19:30h!

Grazas por seguir aí..



María, Viki, Anselmo e África
EQUIPO COHOUSING GALICIA
Facebook
View this email in your browser
You are receiving this email because of your relationship with Cohousing Galicia. Please reconfirm your interest in receiving emails from us. If you do not wish to receive any more emails, you can unsubscribe here.
This message was sent to cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com by cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com
Rúa Michelena 11 -3º izq, Pontevedra, Pontevedra 36002, Spain


Unsubscribe from all mailings Unsubscribe | Manage Subscription | Forward Email | Report Abuse