Newsletter 03 _Setembro 2020

Primeiros encontros "online"..

Novidades Cohousing Galicia 

Pasado o verán, o equipo de Cohousing Galicia ven coas pilas cargadas pero tamén consciente de que a nova "normalidade" parece que viu para quedarse máis do que nos gustaría ou quixeramos.

Esta limitación manifesta  impide que vos teñamos contactado e convidado a coñecermos, incluso en pequenos grupos. Os avances da COVID en Galicia e as recentes restriccións en moitas localidades recomendan manter todas as precaucións posibles. En todo caso iso non impide que desenvolvamos todas as ferramentas ó noso alcance para conseguir favorecer o contacto de todas as persoas con interese en desenvolver experiencias de Cohousing en Galicia.

PONT-UP STORE

O evento anunciado da nosa presentación "en sociedade" pasará, debido ás restricións na cidade de Pontevedra a ser un evento exclusivamente online. Este encontro, promovido polo concello de Pontevedra, desenvolverase o  vindeiro sábado 19 de setembro ás 11h.

Premendo na seguinte ligazón poderedes inscrivirvos desde xa para que vos remitan unha invitación a participar de modo online á nosa presentación. Imprescindible inscrición previa!.

iNSCRICIÓN Ó EVENTO

Falaremos de vivendas colaborativas e compartiremos mesa con outras tres empresas de gran impacto social no noso ámbito local. 


MEETUP - Encontro online coa comunidade COHOUSING GALICIA

O interese en Cohousing Galicia ten medrado desde o primeiro día.  Hoxe son xa máis de 145 as familias que teñen comunicado o seu interese de participar dun cohousing en Galicia. 

Dadas as dificultades xa comentadas anteriormente para reunir a todas as persoas que amosades interese, a intención do noso equipo é crear unha Meetup Mensual á que seredes convidados a participar.
A idea é centrar cada encontro nun tema concreto para que poidamos primeiro aprender un pouco máis sobre a filosofía cohousing e logo coñecer ó resto da comunidade. Esto permitirá que descubrades ás primeiras persoas con intereses parecidos ós vosos e poidades entrar en contacto. 

No primeiro encontro explicaremos as nocións básicas dun cohousing e a dinámica a seguir nos vindeiros.

A primeira MEETUP ou encontro virtual terá lugar  o vindeiro mércores día 30 ás 19:00h.

A semana antes da súa celebración recibiredes unha invitación para participar da mesma

Durante o evento falaremos uns 15 minutos de:

- que é cohousing,
- que facemos desde Cohousing Galicia
- perfís de cohousers e demandas principais en Galicia

Será un día por tanto no que ides poder coñecernos un pouco máis pero tamén  no que poderedes trasladar as vosas suxerencias, preguntas e dúbidas a través dun chat. Adicaremos un bo rato do tempo a respostar esas dúbidas e favorecer o coñecemento entre vós.


PUBLICACIÓN EN WEB DE GRUPOS DE INTERESE

Se ben nas meetup que celebraremos a idea é que nos vaiamos coñecendo e aprendendo cada día un pouco máis sobre cohousing, para aqueles grupos xa conformados e con interese en medrar e buscar máis cohousers imos convidarvos a que nos enviedes unha foto de grupo e unha breve ficha dos vosos intereses como comunidade ( lugar, número de cohousers (unidades familiares) ás que se aspira, prioridades da mesma, teléfono e mail de contacto...).

A idea é que o resto de persoas interesadas poidan localizarvos e contactarvos directamente no caso de que vexan unha posible afinidade.

A única condición que poremos é que sexades un grupo de mínimo 3 unidades familiares. 

Podedes seguir pulsando o interese en cada área xeográfica de Galicia na seguinte ligazón ó mapa interactivo da nosa web.

CONSULTA O NOSO MAPA ACTUALIZADO DÍA A DÍA


DIVULGACIÓN NAS ADMINISTRACIÓNS LOCAIS

Durante este tempo temos traballado nun documento que estamos facilitando nas administracións locais para por un lado que coñezan a filosofía cohousing e polo outro que recoñezan todas as ferramentas de acción que terían desde as políticas locais para favorecer a implantación do Cohousing nos seus concellos.

O 31 de Agosto estivemos no Concello de Santiago onde fomos recibidos polo Alcalde Xosé Sánchez Bugallo e a Concelleira de Urbanismo Mercedes Rosón, quenes se amosaron totalmente colaborativos e dispostos a atopar camiños de colaboración coas comunidades que teñen xurdido nesta cidade. A intención é manter futuras reunións e contactos para seguir avanzando en estratexias de interese para as comunidades cohousing dese concello.


COHOUSING NO MUNDO

Seguimos así mesmo dando a coñecer a través da nosa web e redes sociais máis modelos de cohousing de éxito no mundo.
O último deles foi o exemplo de The Commons en Brunswick, Melbourne Australia. Un exemplo urbán de comunidade xoven que favorece os contactos e relacións entre as persoas que a integran. 
 


Foto: Tom RossDianna SnapeAndrew Wuttke

Non deixes de revisar o noso blog para estar ó tanto de cada novidade que imos introducindo. De seguro atoparás en todos os nosos exemplos cuestións que tal vez queiras replicar e incorporar no teu modelo de cohousing ideal. 
  


VIDEOS DE INTERESE

Creemos importante a formación dos futuros cohousers en moitos ámbitos, para principalmente coñecer  todas as vantaxes e dificultades do proceso de creación da propia comunidade pero tamén da edificación.
Vos deixamos esta ligazón a un video sobre o Dereito de Uso que temos xa publicado no noso facebook.

Video

RECOÑECENDO O TERREO

Durante a época estival o equipo de arquitectos de Cohousing Galicia estivo sondenando algunha das áreas de maior interese amosado polos cohousers para valorar posibles localizacións.

Estivemos localizando terreos de gran superficie especialmente na zona do Morrazo, por tratarse dunha zona estratéxica entre dúas das cidades con máis demanda, Pontevedra e Vigo. A idea é contar cun banco de terreos con capacidade para albergar comunidades de gran tamaño, para coñecer dun modo realista as posibilidades de cada área xeográfica.


CONTINUAMOS...


Mentras todas estas cousas suceden e nós seguimos traballando arreo para que despeguen e fructifiquen os primeiros grupos de cohousers galegos, recordarvos do importante da difusión para acadar o máximo de xente interesada e polo tanto con máis oportunidades de conformar grupos afíns.


Así que non deixedes de achegar o noso formulario de inscrición a aquelas amizades ou familia que creedes poidan estar interesadas.   
https://cohousing.gal/unete/ 


Unha aperta e seguimos en contacto!

EQUIPO COHOUSING GALICIA
María, Viki, África e Anselmo

Tlf información: 655081790
This message was sent to cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com by cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com
C/ Michelena 11 -3º izq 36002 Pontevedra


Unsubscribe from all mailings Unsubscribe | Manage Subscription | Forward Email | Report Abuse
View this email in your browser
You are receiving this email because of your relationship with Cohousing Galicia. Please reconfirm your interest in receiving emails from us. If you do not wish to receive any more emails, you can unsubscribe here.