Newsletter 02 _Xullo 2020

Paso a paso e avanzando..

Novidades Cohousing Galicia 

A nosa historia continua, un mes máis.
Os avances siguen pouco a pouco, e as persoas que conformamos o Equipo de Cohousing Galicia non podemos estar máis satisfeitas. 
Sodes moitas as persoas que nos animades cada día e que nos contactades incluso para animarmos e aunar forzas. 
Grazas grazas grazas!

Contamosvos as principais novidades deste mes pasado e en qué estamos a traballar xa para o que entra.


DEMANDA DE  PARTICIPACIÓN

Se na primeira Newsletter falabamos de 60, hoxe son xa máis de 120 as familias que teñen comunicado o seu interese de participar dun cohousing en Galicia. Esto significa que como moitos contades con familias de dous, tres ou catro membros, o noso grupo é xa de 250 persoas....máis cinco cans e un gato...que tamén contan e moito neste tipo de comunidades!!

En canto á localización da demanda nos ten chegado desde diversos puntos da xeografia galega, sendo as áreas de Pontevedra e Vigo as de máis alta demanda . Na capital pontevedresa estamos xa nun grupo de case 50 familias demandantes. 

En todo caso son moitas as persoas que non especifican localización, senón que sinalan Galicia en toda a súa amplitude, estando máis interesadas por un modelo específico (senior, ecolóxico, rural, interxeracional,..) e non tanto no lugar onde se desenvolva. 
Logo das primeiras reunións grupais poderedes ir coñecendo o interese das demáis persoas e nós orientando e animando a creación de grupos semente.

CONSULTA O NOSO MAPA ACTUALIZADO DÍA A DÍA


DIVULGACIÓN EN MEDIOS DE PRENSA

Temos que agradecer ós medios de comunicación a atención prestada. La Voz de Galicia, na súa edición de Vigo e O Barbanza, Radio Voz e Radio Galega son algúns dos medios que se teñen interesado e dado a coñecer a nosa iniciativa.
Se non nos liches ou escoitaches aínda, aquí te deixamos algunhas ligazóns para que o poidas facer agora ou cando teñas un momentiño....

Escoita a nosa entrevista en RADIO VOZ AQUÍ




COHOUSING NO MUNDO

Seguimos así mesmo dando a coñecer a través da nosa web e redes sociais máis modelos de cohousing de éxito no mundo.
Nestes días presentamos entre outros os modelos de Marmalade Lane en Cambridge ou  Copper Lane en Londres.
Non deixes de revisar o noso blog para estar ó tanto de cada novidade que imos introducindo. De seguro atoparás en todos os nosos exemplos cuestións que tal vez queiras replicar e incorporar no teu modelo de cohousing ideal. 


Foto: Copper Lane en Londres


PRIMEIROS GRUPOS

Tamén nos siguen contactando persoas ou grupos impulsores de cohousing xa preconformados, dous deles desde Santiago de Compostela. Como xa vos comentamos na anterior Newsletter, a medida que estes grupos  vaian concretando os seus modelos, localización, etc...vos iremos trasladando información por si é do voso interese sumarvos a ditas iniciativas, e por suposto se é do seu interese engadir máis xente ós seus grupos semente.

Neste senso tivemos a fortuna de poder ollar de primeira man o terreo onde tal vez fructifique un dos primeiros proxectos de vivenda compartida, neste caso en formato de coliving. 

Alá que nos fumos parte do equipo ás terras do Norte de Lugo e disfrutamos da compaña e ilusión dunha verdadeira emprendedora e artista, Mónica, e de parte da súa familia.... e ata aquí podemos contarvos..(agardamos sexa ela que desvele no seu día o seu proxecto).

Sirva esta imaxe para inspirarvos un pouquiño a paz dun lugar que de seguro será tan máxico para quen o visite como o foi para nós.

 


CONTACTOS ESTRATÉXICOS

Desde Cohousing Galicia estamos neste momento en contacto directo mediante reunións quincenais cun grupo nacional de equipos de facilitación. Esto vai permitir que poidamos coñecer todos os proxectos que se están xestando no resto de España, e replicar estratexias xa empregadas noutras comunidades e cidades, e á vez que o que fagamos en Galicia poida empregarse no resto do territorio nacional. Creemos no traballo colaborativo e temos claro que a forza que poidamos exercer entre todas as persoas implicadas é moito máis eficaz que o traballo disperso e inconexo.

Tivemos a sorte de falar con Asun, da cooperativa Axuntase de Asturias, Nacho, arquitecto facilitador do estudio  F5 WAP de Oviedo e Paula do colectivo de facilitación e arquitectura Microurbanía. Apuntamos todos os seus consellos e establecemos canles de colaboración con cada un deles que fructificarán en encontros mensuais que nos permitan seguir avanzando en diversas liñas de acción.

Neste sentido estamos petando tamén nas portas de diversas administracións públicas para divulgar o modelo, as problemáticas que detectamos e as posibles vías de colaboración entre o público e o privado.
Desde posibles financiacións, subvencións, exencións fiscais, cesión de solos e edificacións, e implicación na divulgación..., estas e moitas outras posibilidades son tratadas nestes encontros. Nalgunha xa podemos adiantar que a reunión non foi en balde e xa se adiou outra reunión para seguir profundizando no tema e deseñar unha verdadeira estratexia municipal de impulso do cohousing. Agardamos que así sexa e poder darvos boas e esperanzadoras novas en breve...

I é que este é e debe ser o obxetivo último, conquerir a COMPLICIDADE PÚBLICA.
Porque o triunfo dunha comunidade de cohousing, ten que entenderse como un triple triunfo para a propia administración, porque aumenta o parque de vivenda asequible, se conquire o empoderamento da cidadanía, e refórzanse as redes solidarias e de cohesión social nun concello.
Por todo esto queremos e necesitamos á administración implicada con nós, e non como mera observadora.


POR UNHA NOVA ECONOMÍA SOCIAL

En liña co anterior, e como comentamos o mes pasado, o noso equipo está totalmente aliñado coa innovación social e o pulo dunha nova Economía Social.
Neste senso podemos anunciar que xa somos Nesi Hub en Galicia!!!.
E
sto é, embaixadores desta organización e do impulso para a consecución dos Obxetivos de Desenvolvemento Sostible das Nacións Unidas.
Aportaremos así o noso gran de area para o cambio das políticas de vivenda e o xiro indispensable para conquerir modelos habitacionais máis sostibles e accesibles a todas as persoas.
Podedes consultar AQUI máis accións  e obxetivos desta organización. 


VISITANDO E COÑECENDO

Como non pode ser doutro modo a nosa labor pasa, entre outras cousas, por probar de primeira man aqueles recursos e espacios colaborativos que xurden no noso entorno próximo. Por iso o noso equipo mantivo unha reunión de traballo no recén estreado ANCEU COLIVING de Pontecaldelas.

Alí puidemos comprobar que existe un rural galego con todo o bo do rural pero sen renunciar á conectividade e vantaxes do urbán.
Hai que recoñecer que marchar ese día para continuar coa nosa axenda de reunións e compromisos foi realmente duro!
Se tedes oportunidade vos recomendamos achegarvos e coñecelo de primeira man.


Na foto de esquerda a dereita: Viki, Anselmo e África (facendo a foto María)


E por fin... a nosa PRESENTACIÓN EN "SOCIEDADE"!!

Xa podemos anunciar que a presentación oficial de Cohousing Galicia, o noso proxecto e a comunidade da que xa formades parte todas as persoas interesadas, ten xa día e hora axendada.

Será o venres 18 de Setembro ás 19:30h dentro do evento Pont-Up Store na cidade de Pontevedra.

Será un evento "offline"-"online", no que todos poderedes participar presencial ou telemáticamente.

En todo caso volo recordaremos máis adiante para que poidades sumarvos e participar deste ilusionante comezo.




Mentras todas estas cousas suceden e nós seguimos traballando arreo para que despeguen e fructifiquen os primeiros grupos de cohousers galegos, recordarvos do importante da difusión para acadar o máximo de xente interesada e polo tanto con máis oportunidades de conformar grupos afíns.


Así que non deixedes de achegar o noso formulario de inscrición a aquelas amizades ou familia que creedes poidan estar interesadas.   
https://cohousing.gal/unete/ 


Unha aperta e seguimos en contacto!

EQUIPO COHOUSING GALICIA
María, Viki, África e Anselmo

Tlf información: 655081790
This message was sent to cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com by cohousinggalicia.gmail.com@email.benchmarkapps.com
C/ Michelena 11 -3º izq 36002 Pontevedra


Unsubscribe from all mailings Unsubscribe | Manage Subscription | Forward Email | Report Abuse
View this email in your browser
You are receiving this email because of your relationship with Cohousing Galicia. Please reconfirm your interest in receiving emails from us. If you do not wish to receive any more emails, you can unsubscribe here.